Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Boletín da Plataforma de Fisterra crece e faise Revista

O Boletín da Plataforma de Fisterra crece e faise Revista
"Hoxe é un gran día para todos nós, para os membros da nova directiva da Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño. Así comeza o comunicado da plataforma, xa que se amosan verdadeiramente satisfeitos de que a continuación do boletín signifique, produto da metamorfose, a conversión "nunha revista con maiúsculas". Un excelente traballo de maquetación e a colaboración de diversas persoas que se unen nesta nova singradura, fan realidade un soño que escomenzou no mes de marzo do ano. Agora continúa co obxectivo de converterse nun referente como publicación cultural, histórica, divulgativa e de estudo da realidade fisterrá. Os Juan Louro, Manuel Sambade, Pana Vleay, Fernando Carrillo, Cecilia Moure, José Ramón Traba, Xoán Silva Pazos, Fer Fisterra, Juan Luís Estevez, Iván Fraga, Jesús Toral, Gabriel Satti, Chus López, José María Velay, Roberto Traba e Miriam Velay conforman un equipo de auténticos pesos pesados do mundo social e cultural da vila do Cristo. Xa saben que poden atopar a xa Revista Km.0 nos establecimentos de Fisterra, e dende o blog findocaminho.wordpress.com.

Os contidos

  • Juan Louro coa súa sección “Lugares e xentes de Fisterra”.
  • Manuel Sambade percorre o mundo buscando os “Ecos de Fisterra” para amosarnos as Fisterras espalladas polo mundo.
  • José Manuel Velay “Pana” achegaros ás novas relacionadas có deporte na súa sección “Balóns a Corveiro”.
  • José Fernando Carrillo e a súa aportación histórica que nos fai en “O recuncho da historia”.
  • Cecilia Moure axúdanos a pasar o tempo de lecer có “Fistegrama”.
  • José R. Traba tráenos un pouco de humor en tempos de crise mediante os persoeiros de “Os da Barandilla”.
  • Xoán Silva Pazos e a súa valiosísima aportación en “Os recortes de Promontorium Nerium”.
  • Fer Fisterra e o seu bautismo na revista,achegándonos ao mundo da música electrónica en “Recomendamos”.
  • Juan Luis Estevez rescata da memoria aqueles fragmentos do cotián en “Aqueles maravillosos anos”.
  • Iván Fraga deléitanos con unha magnífica reportaxe en “A hora do mate”.
  • Jesús Toral emociónanos coa súa perspectiva sobre fisterra en “O berro da rúa”.
  • Gabriel Satti fainos navegar entre as profundidades da “Hemeroteca”.
  • Chus López ponnos ao día da actualidade kioskera en “A actualidade en titulares”.
  • José María Velay comparte con todos as historias que portan na mochila os caminantes que se achegan a Fisterra en “Voces do Camiño”.
  • Roberto Traba cóntanos as súas anécdotas peregrinas no seu recuncho ”O camiñante Traba”.
  • Miriam Velay fainos caer na conta das cousas que non están ben feitas en “Foto denuncia”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios