A presentación do cartel serve de pistoletazo de saída para a Semana Santa de Fisterra 2018

07:31 29/01/18

Como cada ano, e co entroido en marcha, Fisterra pon ollo xa na Semana Santa. A gran Festa do Santo Cristo de Fisterra, que involucra a media vila, xa ten o cartel. Onte, a comprometida Xunta de Confrarías, presentaba o cartel da Semana Santa 2018 na Igrexa Parroquial de Santa Maria das Areas. Con este acto dase o pistoletazo de saída á Semana Santa de Fisterra 2018.
A imaxe do cartel é de Jorge Parri, e reflexa ao Divino Nazareno cargando coa cruz e a Simón de Cirene.
Agora queda un duro traballo por diante para que a Semana Santa de Fisterra luza o mellor posible durante as celebracións, que se desenvolverán dende o 23 de marzo ata o 2 de abril.
Programa relixioso da Semana Santa de Fisterra 2018
Esperamos aínda como virá o programa festexeiro, pero o relixioso xa o temos aquí:

Vídeo
Novas relacionadas
- 2018: O Entroido de Fisterra xa ten cartel.
- 2017: Fisterra quédase pequena por Semana Santa.
- 2017: O sol deu a benvida á Semana Santa.
- 2016: O pobo de Fisterra xa está volcado coa Semana Santa
- 2016: A Semana Santa de Fisterra xa ten as súas orquestras.
- 2016: A Semana Santa de Fisterra xa ten programa e vídeo promocional.
- 2015: Fisterra, un pobo enteiro volcado coa súa Semana Santa
- 2015: A Semana Santa de Fisterra colgou o cartel de completo.
- 2015: Fisterra estreou con gran éxito a nova imaxe da Borriquita no comezo da Semana Santa.
- 2014: A Semana Santa de Fisterra foi distinguida por manter vivas as tradicións seculares.
- 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).