A Semana Santa de Fisterra foi distinguida por manter vivas as tradicións seculares
Non para a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra, e en pleno inverno vén de recibir unha distinción especial. O pasado venres 7 de novembro foille otorgada á Semana Santa de Fisterra a distinción de Cofrade de Honra da Irmandade dos Estudiantes de Santiago de Compostela coma Embaixadora Exterior 2014.
Ali, na Igrexa das Orfas, en Santiago de Compostela estivo a Xunta de Confrarías para recoller a distinción da man do Presidente.
A distinción é otorgada polas tradicións seculares que se celebran na Semana Santa de Fisterra, ese traballo continuo e moi sacrificado de intentar manter esas tradicións ano tras ano, así como a divulgación, difusión e promoción da Semana Santa de Fisterra que se leva a cabo en todo o territorio nacional.
Concurso de Fotografía para o cartel da SS 2015
Xa están públicas as bases para participar no Concurso de Fotografía que determinará cal é o cartel da Semana Santa de Fisterra 2015. Así arrinca os motores a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra para vivir este ano. A fotografía gañadora será a que se plasme no cartel da Semana Santa de Fisterra 2015 que recorrera a xeografía española e parte do extranxeiro.
Novas relacionadas
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama “montou un bo cristo” en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: “A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).