xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Sociedade Finisterre en América pasa por casa

A Sociedade Finisterre en América pasa por casa
Directivos da Sociedad Finisterre en America co alcalde fisterran

A presencia costeira na emigración segue a ser unha realidade. E o comprobamos cada semana analizando as visitas de QPC, chegadas de Suiza, Estados Unidos, Brasil, Arxentina, Suecia, Ucrania, Reino Unido, Francia…

Hoxe coñecemos á Sociedade Finisterre en América, fixada en Avellaneda, Bos Aires, que presentaba onte a súa nova xunta directiva ao alcalde do Concello de Fisterra, José Manuel Traba. Tomás Marcote, Vicepresidente, e Perfecto Canosa responsable da mesma na localidade de Fisterra visitaron ao Alcalde, co que comparten unha boa relación persoal fai moitos anos. Esta visita, ademais, tiña o fin de tratar de reforzar aínda máis os lazos de colaboración institucionais entre o Concello e a Sociedade Finisterre en América.

Nos próximos meses estivais espérase a visita do presidente da Sociedade, José Cicheli Vigo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios