Luns. 24.01.2022
El tiempo

A vida eterna de Fisterra nunha serie de Netflix

A vida eterna de Fisterra nunha serie de Netflix

Máis de 20 anos baleiro teñen valido para algo. Polo menos xa ten servido de escenario e argumento un anuncio de Netflix. A potente marca audiovisual estadounidense vén de promocionar unha das súas últimas producións, Altered Carbon, na vila do Cristo. O feito de que o Cemiterio de Fisterra, de César Portela, leve máis de 20 anos sen un só cadaleito, serve de guión para esta serie de ciencia ficción.

Fisterra convíterse no “berce dunha avanzada tecnoloxía que permite descargar a conciencia humana nunha piña situada na caluga do individuo, puidendo así mudar de corpo (“funda”) e, porén, sen inmortal”. Por exemplo Manuel, enterrador na súa mocidade, agora aos 224 anos ten que fcerse youtuber… de tanatoestética. Moito surrealismo neste trailer no que o tanatorio converteuse na sala “Tanatos club”…

A 'Altered Carbon’, estreada a primeiros do mes de febreiro, baséase na novela homónima de Ricjard K. Morgan publicada en 2002. Nela, o home máis rico do universo, falece pero consegue gracias a unha nova tecnoloxía, trasladar a súa conciencia a outros corpos, e así vivir para sempre.

Fonte

comentarios