Venres. 22.11.2019
El tiempo

A REMA expande a súa exposición sobre os océanos na Lonxa de Fisterra

Alexandre Nerium durante a Inauguración da exposición REMA na lonxa de Fisterra
Alexandre Nerium durante a Inauguración da exposición REMA na lonxa de Fisterra
A REMA expande a súa exposición sobre os océanos na Lonxa de Fisterra

Despois de comezar en Laxe a súa singradura por Galicia, a exposición itinerante «O océano que nos une» continúa o seu percorrido. Fai parada en Fisterra, onde este xoves se presentaba oficialmente./p>

«O océano que nos une» estará dispoñible para a súa visita na lonxa turística de Fisterra ata o domingo 22 de setembro. O horario de visita será, todos os días, de 16:00 a 20:00 horas con acceso libre e de balde.
Despois, seguirá a súa andaina pola costa galega segundo este calendario pasando ao Museo Man de Camelle do 10 ao 20 de outubro; e ao Ecomuseo Forno do Forte (Centro Cívico de Malpica), do 24 de outubro ao 3 de novembro.

Nesta ocasión, e debido ás reducidas dimensións do Museo da Pesca -situado no histórico castelo de San Carlos (s. XVIII)- para acoller os dez paneis interpretativos, decidiuse levar a mostra a outro espazo emblemático da localidade como é a lonxa turística situada tamén fronte ao Atlántico, nun extremo do porto e moi próxima ao Museo da Pesca.

Pero non faltou Alexandre Nerium para facer de anfitrión e explicar a relevancia dos elementos máis significativos da súa colección que se destacaron no panel dedicado ao Museo da Pesca. Un Museo que alberga unha colección permanente dividida en tres exposicións: «A pesca a través da historia», «Pobos e casas mariñeiras» e «As artes de pesca».

Recordo dos naufraxios

O primeiro é a campá do barco Mathew Cay e o segundo, unha nasa francesa de lagosta. Este apeiro adoptou o nome do destino xeográfico ao que se enviaban os crustáceos fisterrás. No último terzo do s. XIX, o emprendedor local Plácido Castro Rivas exportaba lagostas a Francia en barcos viveiros. Tiña ademais dúas cetarias, unha en San Sebastián e outra na Bretaña francesa.

O rico patrimonio subacuático da Costa da Morte está representado no Museo da Pesca na campá do vapor mercante Mathew Cay, naufragado en 1887 fronte a esta liña de costa. Foi recuperada no lugar do seu afundimento nos baixos da Carraca, a 3 millas do cabo Fisterra. A súa historia, xunto coa doutros moitos naufraxios, recóllese no proxecto galicianshipwrecks.es, financiado polo GALP 4 Costa Sostible.

paneis_RedeREMA_MuseoPesca_Fisterra

Unha rede en evolución

A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos é un dos eixos vertebradores de Morada Atlántica, un proxecto colaborativo impulsado polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que inclúe entre os seus socios oito GALP de Portugal, tres de Andalucía e un procedente das Illas Canarias.

Novas relacionadas

Comentarios