Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Abertas as inscricións para o IV campionato de futbolín de Fisterra

Abertas as inscricións para o IV campionato de futbolín de Fisterra
A praza da Constitución de Fisterra acollerá o próximo 7 de setembo o IV campionato internacional de futbolín "Alexandre de Fisterra". O campionato, que comezará a partir das 18:00 horas, poderán participar por parellas todos os veciños e veciñas que o desexen. Haberá tres categorías: infantil (de 7 a 10 anos), xuvenil (de 11 a 17 anos) e adultos (de 18 anos en adiante). As inscricións, que son de balde, deben realizarse antes do 6 de setembro nas oficinas do concello de Fisterra (de 08:30 a 14:30 horas) ou no enderezo electrónico [email protected] indicando nome, apelidos, idade e un número de teléfono de contacto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios