Domingo. 06.10.2024
El tiempo

ADEGA axuda a descubrir a flora de primavera da praia do Rostro

Bioblitz_Adega_Traba
Imaxe do Bioblitz realizado hai unhas semanas en Traba
ADEGA axuda a descubrir a flora de primavera da praia do Rostro

Nova sesión de descubrimento da flora na Costa da Morte. Este domingo 8 de maio a Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA) convoca unha xornada aberta ao público para o coñecemento da flora e fauna da praia do Rostro, en Fisterra. Trátase dun “bioblitz”, como o realizado pola veciñanza de Ameixenda que ten por obxecto inventariar a biodiversidade deste espazo natural, prestando especial atención á flora dunar ameazada.

Con esta actividade dase continuidade ao traballo de creación das Microrreservas de Flora da Costa da Morte, posto en marcha hai anos pola entidade.

A actividade será de 10:00 a 17:30h, e para asistir é preciso inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao 616 23 80 60.

Cartaz Bioblitz Flora Primavera maio 2022

Novas relacionadas

Comentarios