Xoves. 16.09.2021
El tiempo

Afiprodel reflexiona sobre Ciencia e Camiño

Ciencia no Camino en Fisterra
Afiprodel reflexiona sobre Ciencia e Camiño

Este mércores 15, a partir das 5:30, os ADL da comarca que forman a AFIPRODEL organizan na Casa do Concello de Fisterra un encontro para reflecionar sobre a Ciencia, o Camiño e o Desenvolvemento Local. O proxecto ‘Ciencia no Camiño’, incluído na convocatoria O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, promove a cultura científica e a innovación no Camiño de Santiago a través da divulgación, o debate, exposicións e obradoiros.

O evento enmárcase na parte do proxecto consistente en charlas e reunións con expertos, que se desenvolven en centros culturais dos distintos municipios participantes. Trátase de charlas e reunións de carácter participativo e interactivo que pretenden potenciar a educación científica e emprendedora entre o público xeral, así como poñer en valor o potencial do turismo científico no noso territorio.

A actividade comezará coa presentación de María Dolores Pena, presidenta da Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local (Afiprodel), o saúdo do alcalde de Fisterra, José Marcote Suárez, e a intervención de Minia Del Río Arca, CEO e fundadora de Latexos de Turismo, cuxa ponencia terá o título de «Ciencia, camiño e espiritualidade».

A mesa redonda contará con catro relatores: Mónica Rodríguez Ordóñez, alcaldesa de Vimianzo, que falará sobre o programa «O Teu Xacobeo» en Vimianzo; José Marcote Suárez, alcalde de Fisterra e secretario da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, cuxa intervención terá o título de «Alcaldes no Camiño»; Jesús Picallo Santos, presidente da Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Muxía (SOLPOR) e vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia, que falará do papel de SOLPOR no Camiño Fisterra - Muxía; e finalmente, Francisco Manuel López Martínez, guía do Museo da Pesca de Fisterra, que falará sobre os recursos turísticos de divulgación científica no Camiño da Costa.

Ciencia no Camino 2

comentarios