Venres. 29.03.2024
El tiempo

Alternativa anuncia que de chegar ao goberno conseguirán que “Fisterra sexa respectada a todos os niveis”

Alternativa dos Vecinos Fisterra
Alternativa anuncia que de chegar ao goberno conseguirán que “Fisterra sexa respectada a todos os niveis”

Primeiro comunicado do recén creado grupo de Alternativa dos Veciños de Fisterra, e o o grupo encabezado por Áurea Domínguez Sisto comeza pola imaxe. “De chegar ao goberno volveremos conseguir que Fisterra sexa respectada a todos os niveis polas diferentes administracións, xa que durante as dúas últimas décadas o deixamento dos diferentes gobernos, provocaron que o municipio deixase de ser unha referencia en moitas cuestións”, sinalan.

“Nas últimas décadas, o deixamento e o pasotismo instaurado nos diferentes equipos de goberno, provocaron que o noso municipio deixase de ser unha referencia en moitas cuestións de importancia e, tamén, á hora de que as diferentes administracións e organismos adoptan decisións relevantes, como pode ser en materia de inversión que están a priorizar outros concellos en detrimento do noso”.

“Nos últimos tempos xa se produciron algunhas situacións onde, incomprensiblemente, outros municipios recibiron importantes axudas e investimentos por parte da administración autonómica e da administración central e o concello de Fisterra quedou na total irrelevancia. Mesmo, cando estas administracións están dirixidas e xestionadas polas mesmas formacións políticas que gobernaron ou gobernan na actualidade en Fisterra. É moi fácil e sinxelo de entender; os alcaldes e alcaldesas doutros concellos da comarca móvense e realizan as xestións pertinentes para conseguir avances e melloras para os seus municipios. Mesmo chegan a mostrar desconformidade coas súas formacións cando non atenden as súas demandas. Pero, mentres tanto, en Fisterra seguimos “deixados da man de deus”, matiza a formación.

Novas relacionadas

Comentarios