Luns. 14.10.2024
El tiempo

A Anchoa volverá ser a capital do música celta coa XIX Festa Folk na Fin do Camiño

Presentacion da IXI Festa Folk na Fin do Camino 2019
Presentación da XIX Festa Folk na Fin do Camiño
A Anchoa volverá ser a capital do música celta coa XIX Festa Folk na Fin do Camiño

Coa cita da Carballeira de Zas xa enriba, os amantes da música folk pechan tamén outra data: a do sábado 17 de agosto, cando terá lugar a XIX Festa Folk na Fin do Camiño.

A brava xente da Asociación Anchía facía a presentación oficial xunto cos membros do Concello fisterrán, e doutras asociacións locais, aos que agradecen o apoio así como á Deputación. O toque musiqueiro puxérono as anfitrionas Alba e Aroa do Calma Chicha.

De vovo, a entidade aposta polo medioambiente, como non podía ser doutro xeito falando do lugar do que falamos, un evento pegado á praia Langosteira. Así o vaso ecolóxico será de uso obrigado para tod@s o que queiran consumir.

Cartel da Festa Folk na Fin do Camino Fisterra 2019

A festa arrincará ás 13:00h con degustación de produtos da terra e animación cos grupos “Nin chicha nin patacón” e a “Batucada dos Rapacollóns Big Band”. A partir das 17:00h será o tempo da festa infantil.

O Festival propiamente dito comezará ás 22:00h, e serán as Faíscas da Pontraga os que rompan o xeo. Treixadura, a mítica banda galega, traerá o seu singular espectáculo ao escenario fisterrán. Dende o Morrazo chegan Astaror fusionan o folk co rock, acompñado cunha gran orquesta de cámara. E para pechar, a caña do punk folk dos herculinos Bastards on parade.

Sesion Vermu na Festa Folk na Fin do Camino

Faiscas da Pontraga na Festa Folk na Fin do Camino

Treixadura na Festa Folk na Fin do Camino

Astarot na na Festa Folk na Fin do Camino

Bastards on Parade na Festa Folk na Fin do Camino

Crónicas da Festa Folk

Comentarios