xoves. 01.05.2025
El tiempo

Apagan un incendio nunha vivenda abandonada de Fisterra

Apagan un incendio nunha vivenda abandonada de Fisterra

Arredor das 23:00h da pasada noite de mércores, os Bombeiros de Cee tiñan que achegarse ata Fisterra tras recibir unha chamada de alerta sobre un incendio nunha vivenda abandonada na rúa Camiño Barcia, na zona de Mar de Fóra, en Fisterra.

Cando chegaron o lume estaba exteriorizado e procederon a súa extinción desde a porta principal e entrando no interior, con caída de cascallos, para facer “unha extinción total”.

Ao final chegaron dous voluntarios de Protección Civil de Fisterra que colaboraron na recollida do noso material empregado.

Fonte

  • Bombeiros de Cee.

Comentarios