Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aquí non se tira nada: Baño demasiado público en Fisterra

Aquí non se tira nada: Baño demasiado público en Fisterra

"Paseando por Fisterra, atopeime nun solar unha situación que me pareceu graciosa e digna de ser retratada. Todo parece indicar que se trata dun baño "público", aínda que se cadra teríase que mellorar un pouco o tema da intimidade ;)".

Así nos conta Nacho Castanedo a súa experiencia tras ver a estampa, que non nos deixa impasible a ninguén...

Aquí non se tira nada

Con esta foto continuamos na liña da reciclaxe e a imaxinación con esta nova sección en QPC na que as imaxes son as protagonistas. Dando un xiro ás clásicas “Chapuzas galegas” que todos os xornais do país recollen, en QPC prantexamos a idea como unha demostración do enxeño dos galegos para reciclar. “A vida útil do inútil” podería ser perfectamente o tagline da sección.

Envíanos a túa foto

Agardamos ir recuperando todas estas escenas do agro, e do urbano, da Costa da Morte. Quen mellor que vós para contarnos estes exemplos de enxeño dos vosos arredores.
Animávosvos a que nos mandedes imaxes deste calado, así como fotodenuncias, a [email protected].

Novas relacionadas

Aquí non se tira nada!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios