Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Asociación de Concellos do Camiño presentan o balance do ano

ASociacion Concellos Camino Fisterra-Muxia
Imaxe do acto do mes pasado da Asociación
Asociación de Concellos do Camiño presentan o balance do ano

Se o xoves hai cita no Parador coa patronal turística, este venres 30 de decembro, a partir das 16:00h a Asociación de Concellos do Camiño a Fisterra e Muxía organizan un acto de presentación do balance anual.

A cita arrinca no Mercado Municipal de Fisterra (entrada por Praza Ara Solis) coa inauguración da Exposición do Camiño de Fisterra e Muxía.

De seguido, a expedición desprazarase, en bus ata a Sala de exposicións do Faro de Fisterra, para facer un balance do ano nun acto dirixido aos alcaldes e técnicos municipais dos concellos que forman parte da Asociación, aos profesionais que participaron no desenvolvemento do plan de actuación 202.
Intervirán Manuel Ángel Leis Míguez, Vicepresidente da Asociación; José Marcote Suárez, alcalde de Fisterra; José Manuel Miñones Conde, Delegado do Goberno en Galicia; José Manuel Pequeño Castro, Presidente da Asociación; e Margarita Lamela Louzán, alcaldesa de Cee, localidade que celebra o seu Ano Xubilar.

Despois, de 17:30 a 19:30h, os asistentes trasladaranse ao Semáforo de Fisterra, onde desfrutarán dunha degustación gastronómica de produtos km 0, seguido do sorteo dun bono de estancia no Hotel O Semáforo de Fisterra entre as persoas de prensa asistentes ao acto.

Novas relacionadas

Comentarios