APTCM presente oficialmente o seu novo Mapa Turístico
08:26 27/12/22
Anunciado a comezos de mes, a APTCM vai presentar oficialmente o novo Mapa Turístico da Costa da Morte este xoves 29 de decembro.
O Parador de Lourido, ás 13:00h, será o lugar onde a patronal do sector presente ante o novo recurso ante o em,presariado, nun evento que servirá ademais para facer unión.
O mapa, que contou co asesoramento de Xan Fernández Carrera, escritor e experto en turismo da bisbarra, será repartido entre o clientes do Parador e os visitantes que así o requiran. Ademais, repartiranse tamén nas oficinas de turismo da Comarca e entre os socios.