Martes. 22.10.2019
El tiempo

Atopado o corpo do Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra

Atopado o corpo do Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra
Recuperado o corpo do peregrino desaparecido en Fisterra-Foto-Dario Gomez 2 Recuperado o corpo do peregrino desaparecido en Fisterra-Foto-Darío Gómez Os buzos dos GEAS da Policía Nacional atoparon este mediodía arredor das 13:00h do 22 de outubro, o corpo sen vida do peregrino desaparecido o pasado domingo no Cabo Fisterra. O cadáver do mozo de 25 anos (A.R.M. e natural de Fuenlabrada), Policía Nacional de profesión, despois de dous días dun completo dispositivo de busca, foi localizado no mar, preto das rochas do Cabo a menos de 100 metros de onde fora atopada a súa mochila. Unha embarcación dos corpos de seguridade achegaron o corpo a terra. Hoxe volveran saíron varios medios na súa procura: 6 voluntarios Protección Civil por terra, Policía Nacional, Policía Local e GEAS e a Garda Civil, que mobilizou unha embarcación, así como Salvamento fixo o propio co helicóptero Helimer. A Policia Nacional achega o corpo do peregrino desaparecido en Fisterra 2 A Policía Nacional achega o corpo do peregrino desaparecido ao porto de Fisterra A embarcacion da Policia Nacional entrando no porto de Fisterra A embarcacion da Policia Nacional entrando no porto de Fisterra co corpo do peregrino desaparecido o pasado domingo Corpos de Seguridade da GEAS da Policia Nacional no Porto de Fisterra Corpos de Seguridade da GEAS da Policia Nacional no Porto de Fisterra

Nova relacionada

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios