O Bela Fisterra marida libros e viños no III Encontro Enoliterario

15:28 28/05/25
O vindeiro sábado 7 de xuño terá lugar o III Encontro Enoliterario Bela Fisterra. De 17:00h a 20:00h, o activo hotel fisterrán acollerá unha singular velada de libros e viños que pretende "crear un tempo e espazo de confraternidade entre escritores, escritoras, lectores e lectoras, acompañados con 100 dos mellores viños de Galicia pilotados por Alex e Luis Paadin".
Un espazo "onde os viños son de balde e os libros non se venden" para "crear sinerxias entre figuras xa consagradas e noveis"
Ademais, as xentes do sector hostaleiro poderá achegarse para catar viños das 5 Denominacións de Orixe e as IXP que temos en Galicia, e ver cales son os que mellor encaixan nas cartas dos seus establecementos. Co asesoramento persoal dos Paadín.