O Bela Fisterra participou no acto expansivo por Lois Pereiro

01:23 07/06/21
Cando os artistas recoñecen o labor do primeiro hotel literario de Galicia, e son eles os que o chaman para artellar un evento, é cando se demostra que o Bela Fisterra está convertíndose nun gran aglutinador do movemento poético da zona sur da Costa da Morte.
Este pasado sábado 5 de xuño, Rafa Vilar e Chisco Fernández Naval coordinaron con Pepe Formoso a participación costeira no acto expansivo que o Ateneo Casino de Monforte desenvolveu por toda Galicia e parte do estado, para conmemorar o 25 cabodano de Lois Pereiro.
Participaron (como están na foto de esquerda a dereita) Xosé Iglesias, Chisco Fernández Naval, Alexandre Nerium, Rafa Vilar, Rocío Blanco, Ainhoa Conde, Xaime Trillo e Estebo Creus, e aquí podedes ver o resultado.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 2021: O Bela Fisterra reafírmase como aglutinador poético da Costa da Morte.
- 2020: O Batallón Literario da Costa da Morte reactívase, 24 anos despois, dende a fin da terra .
- 2012: O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
ARTIGOS RELACIONADOS
- Miro Villar: A vinte anos da antoloxía “mar por medio”, unha ponte entre poetas cubanos de Holguín e poetas da Costa da Morte.
- Louzán: Lírica.
- 2017: Alex López: 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.
- 2017: Miro Villar: Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.