Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Bela Fisterra reafírmase como aglutinador poético da Costa da Morte

  • A Casa do Pescador acollerá este venres a presentación de 'A relixión do mar', de Xosé Iglesias, dentro da programación 'Nun mar de letras'. O aforo estará limitado e permitirase a entrada ata completarse as prazas.
Recital expansivo Lois. Fisterra.Boa
O Bela Fisterra reafírmase como aglutinador poético da Costa da Morte

Continúa o Hotel Bela Fisterra sitúandose como gran dinamizador cultural da comarca nestes tempos dixitais. A semana pasada era Xosé Iglesias o que abría o Ciclo de presentacións literarias “Infinito”, co seu álbum ilustrado cheo de poesía “Nación Mar”, que podedes ver aquí.

Mentres, o grupo da man de Pepe Formoso, segue desenvolvendo a homenaxe virtual aos 25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte, con vídeos como este de Roberto Traba Velay:

ACTO EXPANSIVO 

E sen parada, o Hotel xa pensa na vindeira cita presencial en colaboraciñon co Ateneo Casino de Monforte: un Acto Expansivo polos 25 anos do pasamento de Lois Pereiro. A cita será este sábado 5 de xuño ás 12:30h no Hotel fisterrán, e estarán voces tan recoñecidas como as de María Lado, Ahinoa Conde, Rocío Blanco Formoso, Rafa Vilar, Alexandre nerium, Xosé Iglesias, Xaime Trillo, Estevo Creus ou Chisco Fdez. Naval.

NOVAS RELACIONADAS

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios