O BNG de Fisterra lamenta os retrasos nas obras do vial do Porto

11:21 30/11/22
Fai xusto un ano dende que a presidenta de Portos de Galiza, Susana Lenguas, anunciase a obra de mellora do firme da estrada do porto de Fisterra. En febreiro non gustou pola vila do Cristo a decisión de Portos de retrasar ata despois do verán as obras, poñendo como data límite para o comezo outubro deste 2022.
Xa estamos case que en decembro e dende o BNG lamentan seguir “sen saber oficialmente cando darán comezo as obras da estrada do porto e preguntámosnos se estarán listas antes do verán do vindeiro ano”, sinala o teniente alcalde Kuka Sar. “Non entendemos a demora cando a partida económica xa está designada e esixímoslle a portos de Galiza que acometa esta obra tan necesaria para o noso Concello”.
Novas relacionadas
- Xaneiro 22: Portos reformará, despois do verán, todo o vial do porto fisterrán.
- Piden o arranxo do vial empedrado do Porto fisterrán.
- Febreiro 22: Denuncian outra obra de Portos por rachar coa identidade do casco vello de Fisterra.
- Decembro 21: Críticas a Portos por asfaltar unha rampa de pedra do porto fisterrán.