Martes. 19.03.2024
El tiempo

Críticas a Portos por asfaltar unha rampa de pedra do porto fisterrán

Rampa asfaltada no porto de Fisterra
Rampa asfaltada no porto de Fisterra
Críticas a Portos por asfaltar unha rampa de pedra do porto fisterrán

Ao longo da semana Portos de Galicia vén de realizar unha obra polémica no porto de Fisterra. Era necesaria unha reforma na rampa que hai ao carón da confraría, pero se cadra, o sector non esperaba un asfaltado tan radical. Trátase dunha rampa de pedra que estaba feita dende a construción do porto nos anos 50 anos.

”Había que amañala, pero tamén podían levantar e nivelar a pedra antes que botarlle formigón enrriba”, denuncia o teniente alcalde Kuka Sar (BNG). “Para estes casos ou non existe "patrimonio" ou "patrimonio" son los padres”, lamenta, esperando que non fagan o mesmo coa “rambla de leste”.

Asi era a rampa asfaltada nunha imaxe doutra das rampas do porto fisterran
Vemos nesta imaxe da rambla leste, como era a asfaltada

Comentarios