Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Portos reformará, despois do verán, todo o vial do porto fisterrán

Cemento sobre adoquin na praia da Ribeira
O Concello realizou esta acción tendo en conta que Portos vai proceder ao formigonado de todo o vial do paseo fisterrán
Portos reformará, despois do verán, todo o vial do porto fisterrán

Pedía esta semana a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra que se leve a cabo o acondicionamento do vial do porto, respectando o empedrado. Faino ademais despois das obras de cementado de parte do paseo marítimo.

Dende o goberno fisterrán matizan que a obra do vial do paseo foi realizada polo propio Concello, unha vez que Portos ten aprobado un proxecto para renovar, despois do verán, todo o vial da fachada marítima do porto. Un proxecto que incluirá o formigonado de todo o vial do porto, dende a praia da Ribeira ata a que se coñece como a "fronteira", onde se cruza a rúa real e a Sta. Catalina.

Dende o Concello valoran o proxecto positivamente unha que vez o empedrado non aguanta o peso dos camións, autobuses… e "o formigón é o único que poderá aguantar no tempo ofrecendo un bo servizo".

Novas relacionadas

Comentarios