Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piden o arranxo do vial empedrado do Porto fisterrán

Estado do paseo maritimo de Fisterra
Estado do empedrado de entrada ao porto de Fisterra
Piden o arranxo do vial empedrado do Porto fisterrán

Terán medo a pedir solucións vistas as medidas de cementado que toma Portos de Galicia cada vez que hai que arranxar un vial empedrado ou unha rampa de pedra. Así e todo a Asociación Costa da Morte de Fisterra non pode evitar denuncia a situación do vial principal da fachada marítima do Porto de Fisterra, que leva por nome Paseo de Calafigueira.

O empedrado atópase moi deteriorado xa que se produciron afundimentos no firme e moitas das lastras soltáronse como consecuencia do paso de vehículos de gran tonelaxe como autobuses, camións e outra maquinaria pesada. Fernando Carrillo considera o feito un problema construtivo, polo que pide “facer a cimentación adecuada ao vial co correspondente emparrillado de formigón armado, para, despois, volver colocar o empedrado sobre un firme nas debidas condicións”.

Iso si, lembran que o “adoquín” é o elemento construtivo escollido no proxecto de Xoan Creus, e “son un signo distintivo singular que o saca da vulgaridade dos elementos de sempre, nuha seudo modernidade, como é o cemento puído ou o asfalto”. Ademais de que hai que ter en conta o informe de Patrimonio Histórico, para o cambio dos materiais construtivos, ao formar parte dun enclave protexido, ao ser final da prolongación do Camiño de Santiago.

Novas relacionadas

Comentarios