Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O BNG recuperou en Fisterra a necesidade de eliminar as cotas para a pesca artesanal

Representantes do BNG en Fisterra
Representantes do BNG con Néstor Rego, segundo pola esquerda, en Fisterra
O BNG recuperou en Fisterra a necesidade de eliminar as cotas para a pesca artesanal

O pasado venres, Néstor Rego, realizaba unha visita a Fisterra en clave de pesca artesanal. O candidato do BNG ás eleccións Xerais, recordou que vai esixir no Congreso que o Estado español solicite á UE a exención dos TACs e citas para a frota galega. Rego lamentou tamén que “o Estado español non defendese os dereitos dos mariñeiros galegos que sofren unha discriminación e un trato inxusto como consecuencia do reparto de cotas por parte do goberno de Madrid".

Para o BNG, “o estado trata inxustamente aos mariñeiros e mariscadoras galegos”. "O problema fundamental é que Galiza non ten soberanía sobre o seu mar e as decisións sobre quen e canto se pode pescar estanse a tomar en Madrid e en Bruxelas", sinalou.

O sector lembroulle as continuas imitacións que padecen que os obriga a pasar moitos meses ao ano tendo que tirar o peixe ao mar, sen poder traelo para terra para comercializalo e, nin sequera, para facer doazóns. Unha obriga que ten sentido para as prácticas máis abusivas pero que non teñen sentido para pescas sostibles como a artesanal.

Novas relacionadas

Comentarios