A Casa das Peritas volve abrir as súas portas culturais por Semana Santa

Que gañas temos de tomar un vermú e disfrutar dun soplo de aire fresco cultural na Casa das Peritas, como facíamos antes da pandemia. O espazo cultural de Natashia Lelenco e Tomás Lijó, situado en Mallas, Fisterra, volve abrir as súas portas esta Semana Santa.
Da man de @vermustpetroni, e en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Fisterra e de QPC, convidan a unha exposición con varios itinerarios temáticos: o do oficio do artista, o do individuo na sociedade virtualizada e o do sentido e utilidade dos espazos da arte, todos eles marcados pola perda de pé, pola perda, precisamente, de contexto.
Personalidades como a propia anfitrioa moldava, Monika Molenda ou Francisco Remiseiro exporán as súas obras.
A inauguración será o sábado 9 de abril á hora do Petroni, habendo ás 19:00h ademais un cabaret con Lili Berlín. O sábado 16 ademais Catuxa Salom traerá a súa música ao Lavadoiro de Mallas, extendendo a rede polo lugar.
O horario de apertura da Casa das Peritas (todos os días entre o 9 e o 17 de abril de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h. Podedes seguila en @casadasperitas.
Novas relacionadas
- Natasha Lelenco presenta Fetiches no espazo de arte Os Catro Gatos.
- 2019: A Casa das Peritas volve maridar arte nunha experiencia cultural única.
- Xullo 18: Arte e vermú na Casa das Peritas, un sopro de aire fresco á cultura da Costa da Morte.
- Xuño 17: Os mecenas salvan da queima do San Xoán parte do Gran Libro dos Señores Importantes.
- Abril 17: A Casa das Peritas, unha nova Galería no rural da Costa da Morte.