O CEIP Areouta de Sardiñeiro, "onde as crianzas aprenden case coma se fosen clases particulares en familia"
- O CEIP Areouta de Sardiñeiro organiza a súa Xornada de Portas Abertas este martes 25 de febreiro ás 16:00h.

Xa temos do ensino rural, da máxima calidade das nosas escolas rurais. Un deses exemplos é o CEIP Areouta de Sardiñeiro, un colexio familiar, onde os nenos e as nenas aprenden case coma se fosen clases particulares, pero sempre cun enfoque de traballo en equipo.
A día de hoxe hai 14 alumn@s en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e 16 en toda Primaria (de 6 a 12 anos), un privilexio en comparación coas aulas saturadas dos centros escolares urbanos. O centro está situado a menos de 5 minutos en coche de Fisterra, Cee e Corcubión.
As familias da comarca poderano comprobar o vindeiro martes 25, de a16:00h a 19:00h na xornada de portas abertas. Unha xornada principalmente formulada para as familais con nenos que comezan a súa etapa escolar, pero tamén aberta a todas aquelas familias que queiran cambiar ás súas crianzas a u ambiente máis rural, máis familiar.
O centro continúa mellorando e están abrindo un invernadoiro para que as crianzas coiden a súa hrtiña.
Outro exemplo de ensino de vangarda atopamolo nos ”Ouris” cos que traballa o mestre Luís Matías. Despois de 30 anos traballando exclusivamente en Primaria, o docente ten comprobado que se trata dun xogo fantástico que serve para que as crianzas se afagan ao cartos, aprendendo matemáticas dun xeito lúdico e divertido.
Máis novas