mércores. 12.02.2025
El tiempo

Mazaricos

O CPI A Picota leva un dos Premios Innovagal

O CPI Plurlingüe da Picota de Mazaricos vén de ser recoñecido pola  Consellería de Cultura e Educación cunha Mención de Honra nos Premios INNOVAGAL que recoñecen os mellores proxectos de Innovación educativa a nivel galego por parte da Consellería de Educación.

O recoñecemento  acadado foi para un Proxecto de Innovación que se desenvolveu o pasado curso, coordinado pola profesora de lingua inglesa Patricia Campos, e que leva por título "Costumes e tradicións nos países de fala inglesa".
Este proxecto tiña por obxectivo mellorar a competencia lingüística e  plurilingüe do alumnado, tendo en conta a dispersión da poboación e as dificultades de acceso a unha ampla oferta de recursos culturais na contorna. Os alumnos integraron festividades e tradicións de países de fala inglesa ao longo do curso escolar, promovendo así as habilidades lingüísticas, sociais e artísticas dos estudantes.

Os premios recoñecen así mesmo a labor de aposta pola innovación que vén desenvolvendo o centro nos últimos anos, coa participación en  diferentes plans e proxectos que xa teñen sido recoñecidos con outros premios en cursos pasados. A partir de agora, o centro gozará do recoñecemento por catro cursos escolares co distintivo CENTRO EDUCATIVO INNOVAGAL.

 

Máis novas

O CPI A Picota leva un dos Premios Innovagal