Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Cole Nosa Señora del Carmen de Fisterra ponse de celebración

Cole Fisterra 50 anos SAFA
O Cole Nosa Señora del Carmen de Fisterra ponse de celebración

O colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra está de celebración, pois fai 50 anos que chegaron os irmáns da Sagrada Familia, para colaborar no proxecto do seu fundador, o párroco Don Luciano Moreira.

Este sábado, día 30 de setembro, celebrarase na igrexa de Fisterra unha misa presidida por Monseñor Don Francisco José Prieto, Arzobispo de Santiago de Compostela, as 12:30h. Despois, pasarán polo colexio para visitar unha exposición conmemorativa, que conta con máis de 700 fotos, as orlas de todas as xeracións de estudantes que pasaron por alí, e moitas máis sorpresas.

Todo o alumnado do Nuestra Señora del Carmen participa desta data tan sinalada. Haberá eventos deportivos ao longo da semana, estuveron pintando murales nas paredes do salón de actos, e realizarán outras actividades nas que a figura dos irmáns estará moi presente.

Comentarios