Martes. 19.03.2019
El tiempo

Convocados dous novos permex para percebe a pé na confraría de Fisterra

Convocados dous novos permex para percebe a pé na confraría de Fisterra
Convocados dous novos permex para percebe a pé na confraría de Fisterra

Despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos, A Consellería do Mar convoca dous novos permisos de explotación para percebe a pé na confraría de pescadores de Fisterra.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, tras a publicación, este pasado 20 de febreiro, desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería. Poden inscribirse en https://sede.xunta.es.

Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes que cumpran os requisitos establecidos serán estudadas e baremadas de acordo co baremo para obter o permiso de explotación a pé para recursos específicos, aprobado pola resolución do 4 de maio de 2016 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Novas relacionadas

Comentarios