Corren malas augas por Sardiñeiro


Presentou onte o BNG de Fisterra unha moción "instando ao goberno local a que proceda ao mantemento (desbroce e limpeza) dos paseos marítimos de A Langosteira, Mar de Fóra e Sardiñeiro".
Así mesmo, instan ao equipo de goberno a que "arranxe, canto antes, os graves problemas que está acarreando a nivel turístico e medioambiental o non funcionamento da estación depuradora de Sardiñeiro, na que a Xunta de Galicia investíu preto dun millón de euros, tal e como vén de corroborar nun recente Informe a Axencia Europea de Medio Ambiente".
Lembran dende o BNG que "a Xunta de Galicia vén de investir preto de 1.000.000 de euros na depuradora", e que "malia que no anterior pleno se nos contestase que a referida depuradora de Sardiñeiro funcionaba correctamente", o último informe da "Axencia Europea de Medio Ambiente fai constar que a praia de Sardiñeiro suspende pola mala calidade das súas augas".<7p>
Novas relacionadas
- 135 alumnos recollen máis de 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte.
- Unha Quenlla peregrina ata a Langosteira.
- 200.000€ dun novo crédito para o Plan de Axuste de Fisterra.
- O BNG de Fisterra pide a volta da Biblioteca Municipal.
- Fotodesfeita: unha lavadora na praia de Sardiñeiro.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.