Luns. 26.08.2019
El tiempo

200.000€ dun novo crédito para o Plan de Axuste de Fisterra

200.000€ dun novo crédito para o Plan de Axuste de Fisterra

O pasado luns 14 de maio houbo pleno en Fisterra. Un pleno que servía para aprobar o plan de axuste (coma noutros concellos da zona). Un plan que inclúe unha nova operación de crédito, a pagar en dez anos, por importe de 200.000 €, para facer fronte ás debedas.
Débedas que curiosamente, e segundo denuncia o BNG fisterrán, son "para volverlle pagar de novo aos mesmos proveedores, con 76.000 € son para pagarlle a Gas Natural- Unión Fenosa, e 99.0000€ a SOGAMA".

O BNG fisterrán considera que "o crédito pon unha vez máis en grave risco a economía municipal e hipotecan o futuro do concello".

Subidas de impostos

O Plan inclúe a subida da auga, que se une á subida do alcantarillado, da recollida de lixo, do IBI e do imposto de vehículos.

Denuncia urbanística

Así mesmo, o alcalde fisterrán recoñecía no pleno, e ante a ausencia de varios concelleiros da oposición, que unha importante promotora lle reclama ao concello 11 millóns de euros como consecuencia da acción urbanística da Anchoa.

A acta tamén indica que "a débeda do concello coas entidades bancarias ascende a máis de 750.000 euros (sen contar o crédito ICO e o Plan de Axuste)", segundo denuncia o BNG.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios