Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Crisanto é pai

Crisanto é pai

Malia seguir desaparecido o corpo de Don Crisanto dende o pasado febreiro de 2010, as probas de ADN para determinar a súa paternidade seguiron adiante. E nos últimos días, unha sentencia vén de confirmar que Manuel Enrique Caamaño Vidal, natural de Muxía, é, a un 99,9% de posibilidades, fillo do finado Crisanto López.

Fora esta a causa de toda a trama. I é que dous anos depois da morte de Crisanto, o muxián Caamaño Vidal solicitou unha proba de paternidade para entrar na herencia mediática. Había que exhumar o corpo para desenvolver a proba, pero cando o xuíz procedía a desenterrar o cadaleito, xa non estaba no seu nicho.

Así, e malia que a intención coa desaparición do corpo era a de impedir que se realizase a proba de AND, dende o xulgado de Corcubión aseguran que a proba realizada é máis que fiable. Unha proba que foi realizada a través dunha das fillas de Crisanto, Rosa López, que foi a única que se prestou das irmás.

Deste xeito, Manuel Enrique Caamaño Vidal, que nunca se ocultou mentres vivía o seu paoi, poderá non ocultarse e entrar no reparto da herencia do empresario madereiro ceense.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios