Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Denuncian deficiencias na sinalización do Camiño entre Fisterra e Muxía

Denuncian deficiencias na sinalización do Camiño entre Fisterra e Muxía
Un milladoiro tapado polas silvas no Camiño entre Fisterra e Muxía Son moitas as necesidades do Camiño pero a sinalización é unha das que máis denuncian os peregrinos. Desta volta, o que recolle esas queixas é o BNG de Fisterra, que sae na defensa da turista alemaña Lena Waterfeald que fora rescatada polo helicóptero entre os cantís próximos á praia de O Rostro. Consideran que a falta de sinalización é unha neglixencia das autoridades e que “case obrigan a perderse”. Por iso, para o BNG fisterrán “resulta inconcibible que a Consellería do Mar recrimine o pago dun rescate, por valor de 4.600 euros, a unha turista por perderse nunha zona que pode resultar doado e, incluso, perigoso. Na ponderación entre o feito de que a conduta da turista puidera deberse a un comportamento irresponsable (por non ter adoitada precaucións lóxicas) ou ao feito de que no momento inicial de perderse puidera deberse a unha sinalización confusa e deficiente pois, para quen coñeza a zona, ten doada resposta: a segunda opción resulta perfectamente unha hipótese plausible”. Explican que coa sinalización actual dos cruces e ramificacóns do roteiro, sobre todo entre Padrís, Canosa, ata saír a Lires, “as garantías que ofrece o camiño non son nin moito menos 100% fiables, incluso nesta área en cuestión son máis ben á baixa”. Polo que entende que “a posibilidade de poder perderse non pode descartarse á vista do estado do camiño. Apreciamos que existe ese risco por que as condicións do percorrido presentan eivas que o permiten. A Xunta descarga agora administrativamente nesa cidadán o importe do rescate, pero temos moitas dúbidas de que poida cobralo, xa que a posibilidade de que prospere un recurso fronte ese acto é tan alta como, á vez, prexudicial para a promoción turística deste Camiño”. O BNG de Fisterra valora coma “manicurta á Consellería do Mar por proseguir con este expediente e non telo arquivado, xa que non se sustenta o demostrar a falta de dilixencia debida por parte da turista. Isto é contrario aos esforzos de promoción turística, e polo ben dun interese xeral maior, coma é protexer a Marca do Camiño de Santiago, a Marca Fisterra, ou Marca da Costa da Morte, coma un lugar referente de atracción para o turismo, a Consellería do Mar debería ter que actuado con man esquerda e flexibilidade”, sinala. Consideran ademais que “agora este caso saltou as redes sociais e estas cousas sempre repercuten en negativo”. En todo caso, “se a alguén hai que esixirlle que fago fronte dos custes do rescate, pois que a Xunta acuda a reclamarlle responsabilidades do estado do Camiño aos entes de promoción turística da Xunta, e os Concellos implicados, pois son eles os que deben velar por que a publicidade na promoción destes lugares veña acompañada da dilixencia de telos nas mellores condicións de seguridade e prevención para quen os visitan”.

Novas relacionadas

Terminar o Camiño no Mar, con De la Riera

Fonte

  • BNG de Fisterra.

Comentarios