Detido un fisterrán no desmantelamento dun importante punto de venda de droga

Nova operación contra a venda de drogas na comarca, de novo en Fisterra. O Equipo ROCA de Carballo, con sede en Vimianzo, vén de finalizar a Operación Faros II, na detivo a un veciño de Fisterra como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Unha operación que comezou tras detectar un aumento da demanda de sustancias estupefacientes en diversos lugares da Costa da Morte, que xerou alarma social entre os veciños.
A detención produciuse durante unha das vixilancias realizadas polos axentes que, tras deter o vehículo do sospeitoso, descubriron que levaba unha bolsa de comida para cans no seu interior 3.015 gramos dunha substancia marrón, supostamente haxix. Este descubrimento iniciou unha serie de investigacións que confirmaron a actividade ilícita do detido, que realizaba transaccións de grandes cantidades de droga circulando por diversos puntos da Costa da Morte.
No posterior rexistro domiciliario do detido, os axentes incautáronse doutros 1.813 gramos de haxix, xunto con 150 gramos de substancia branca de corte, presuntamente utilizada para a cocaína, ademais de 3.470 euros en metálico, unha báscula de precisión e diversos materiais empregados. para a preparación e distribución das drogas, como plásticos, caucho para a produción de envoltorios e unha máquina de selado ao baleiro.