Detido “in fraganti” un fisterrán como suposto autor de máis dunha decena de roubos gracias á colaboración cidadá
Esta pasada madrugada do día 23, era cazado “in fraganti”, un veciño de Fisterra cando estaba roubando nunha tenda de electrodomésticos da vila. A Garda Civil do Posto de Corcubión e o equipo ROCA da Garda Civil da Compañía de Carballo, recibía unha chamada alertando de que un home se atopaba dentro do interior dun establecimento. A Benemérita, que levaba varios días cun operativo activado debido á gran alarma social que provocara o agora detido na localidade, acodiu ao lugar dos feitos sorprendendo in fraganti ao detido, saíndo do interior do local portando nas súas mans un par de caixas de pequenos electrodomésticos.
As forzas actuantes procederon á súa detención tendo que ser reducido xa que opuxo unha gran resistencia, o mesmo portaba un coitelo de cociña de grandes dimensións.
A Benemérita impútaralle ademais unha decena de ilícitos penais contra o patrimonio consistentes en roubos con forza en interior de establecementos, delitos de ameazas e un delito de quebrantamiento de condena.
A operación continúa aberta e non se descartan novas detencións.