Venres. 22.01.2021
El tiempo

Un detido tras roubar e provocar un incendio en Fisterra no que resultaron feridos dous bombeiros

Un detido tras roubar e provocar un incendio en Fisterra no que resultaron feridos dous bombeiros

Un vecño da Coruña foi detido esta fin de semana polo Equipo Roca da Garda Civil de Carballo, en colaboración coa do posto de Corcubión, como presunto autor dos delitos de roubo e incendio.

Os feitos aconteceron en Fisterra, cando a Garda Civil descubría que un roubo nunha vivenda, que ademais provocaba que dous bombeiros resultasen feridos durante os traballos de extinción, gardaba relación cun roubo no interior dun vehíuclo na localidade. Durante o roubo sustraían as chaves da vivienda incendiada posteriormente.

O prresunto autor accedeu á vivenda cas chaves roubadas no coche, e roubou 27.500 € en metálico, varios reloxes, unha cadea con cruz de ouro e un móbil de alta gama, provocando despois o incendio coa intención de ocultar o roubo.

A Garda Civil detivo ao suposto autor e puxo o acso nas mans do Xulgado de Corcubión.

comentarios