Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Disolta a Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño

Disolta a Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño

Tras dous anos de actividades na defensa da vila do Cristo como único fin do Camiño, a entidade veciñal decidiu disolverse esta semana. Faino con este comunicado no que a ex directiva amosa a súa satisfacción polo que considera un bo traballo de de dinamización da poboación de Fisterra.

E ben é certo que a súa creación serviu para espertar unha aletargada e acostumada ao desamparo veciñanza, ademais de intentar dar caña ás institucións públicas para o coidado do patrimonio, un dos cabalos de batalla da plataforma.

Por iso mesmo sorprende, que a medio camiño, a entidade se disolva. Valoramos encarecidamente a labor educativa coas rutas temáticas polo Promonterio Nerium, o fantástico Boletín Km.0, a creación do campionato de fútbolín Alejandro Finisterre... Pero igualmente consideramos que queda moito, moito camiño por andar, en materia de coidado do patrimonio. Esa A presión exercida no seu día para esixir o coidado Monte do Cabo, a necesidade de abrir un sendeiro para os peregrinos que soben ao faro... son moitos os puntos que faltan por conseguir.

Se efectivamente, o feito de o "Patrimonio Europeo" estableza "Fisterra como final de tódolos camiños de Santiago" é sufiencte para a plataforma ("a finalidade pola que se creou a plataforma está case na súa totalidade cumprida"), dende QPC só podemos lamentar que o sentido dunha Plataforma sexa o de loitar contra un veciño, e non remar canda el.

Con todo, desexamos que o grupo xerado arredor da entidade recupere a ambición social e siga dinamizando a vila, así como exercendo presión ante os estamentos públicos e privados.

Comunicado de disolución da Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño

A entidade fisterrana en Asamblea Xeral de socios, celebrada o pasado sábado 27 de agosto acordou a disolución da mesma. A decisión foi tomada debido a unha serie de factores que coincidiron no tempo e que deixaba sen razón de ser a súa continuidade:

Por un lado, a plataforma como tal, era creada fai case dous anos coa finalidade de reivindicar o papel que debería xogar Fisterra no Camiño, e que non era outro que ser o final deste e por outro exercer unha labor divulgativa para situar á Vila do Cristo no lugar que correspondía.

Para levara a cabo esta labor, elaborou unha proposta de moción que tódolos partidos que compoñían o goberno da vila aprobaron.Nesta moción ,apoiada nunha argumentación histórica, solicitábase á Comisión de Delimitación do camiño, dependente da Xunta de Galicia.que rachara coa ambiguedade en canto á definición do final do camiño, e situara a Fisterra, como correspondía, como meta do Camiño de Santiago a efectos oficiais, pois a realidade xa o deixaba claro. Neste caso a administración galega non camiña ao mesmo ritmo que os propios pelegríns, que sí saben onde remata a milenaria ruta.

Pero foi Europa, quen na revisión dos galardóns outorgados como Patrimonio Europeo, establece a Fisterra como final de tódolos camiños de Santiago, sendo un dos motivos polos que Fisterra recibe definitivamente este respaldarazo europeo.

Por outro lado, tódolos elementos históricos, etnográficos e patrimonias que Fisterra posúe e que gardan unha estreita relación co camiño son postos en coñecemento da Consellería de Cultura e de Patrimonio, para que actúen en consecuencia e axuden a suplir as carencias e o esquecemento no que se atopan. Neste caso, tamén se lle envía á Consellería un dosier con material gráfico para que actúen en consecuencia. Faise entrega ao Conselleiro de cultura dun escrito con dita reivindicación cando acude de visita á Fisterra.

En canto á divulgación, a entidade viaxa a Madrid a promocionar e dar a coñecer o papel de Fisterra no Camiño, realiza charlas en colexos e fai de guía en rutas temáticas polo Promontorium Nerium fisterrán, aparte de publicar un boletín que tivo moito éxito e repercusión na vila. Falamos de Kilómetro 0.

A todo isto pódense sumar innumerables actividades culturais e non culturais feitas coa finalidade de poñer en valor a Fisterra, a súa historia, patrimonio e cultura.

Crendo que a finalidade pola que se creou a plataforma está case na súa totalidade cumprida, non tería sentido agora continuar como unha asociación cultural, pois non foi esa a orixe nin a intención da súa creación...Tampouco se pode negar que levar a cabo isto, necesitaría de máis persoal que colaborara intensamente no desenrrolo dos proxectos que estaban en marcha, e que non había.

Así pois, con 155 socios e varias entidades e persoas colaboradoras, a plataforma cree que é o momento de deixar nas máns de quen corresponda a continuación da loita en prol de Fisterra e a riqueza que atesoura como receptora de milleiros de pelegríns que ata aquí se achegan cada ano.

Agradece profundamente a axuda prestada por entidades así como a colaboración dos socios e outros anónimos que axudaron a poñer en marcha todo o que significou esta entidade.

A espera de concretar datos, a plataforma despidirase con un agasallo ao pobo de Fisterra que se dará a coñecer cando estea preparado.

Agora queda pechado o blogue, a conta de facebook e calquera contacto da entidade, pois deixa de existir...

Esperamos ter feito algo constructivo para a vila de Fisterra e para os seus habitantes, polo que disolvemos esta entidade coa conciencia tranquila e a sensación de facer as cousas o millor que poidemos.

Fisterra...único fin do camiño.

  • Asdo: Directiva da Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño.

Comentarios