Dous cociñeiros de Fisterra ensalzan o marisco da Costa no Forum Gastronomic de Girona


Mentres a APCTM vai á procura de novos clientes polas feiras turísticas do país, un par de cociñeiros fisterráns participan estes días no Forum Gastronomic, que se celebrará en Girona entre o 20 e o 23 de febreiro.
Como ocorrera o ano pasado no Forum Gastronómico de Santiago de Compostela, a Costa da Morte estará moi presente en Girona. E o fará no marco da colaboración da Deputación e a propia APCTM, con produtos agroalimentarios e mariños de calidade da provincia. Así, ademais do marisco da Costa da Morte, tamén serán protagonistas as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal; e as Terras de Ulla-Tambre.
Marisco da Costa da Morte
Mariscos da Costa da Morte e Cedeira, Requeixo da Capela, Grelos de Monfero, Pan de Neda ou o Polbo á Mugardesa serán algúns dos artigos que se promocionarán nesta importante feira gastronómica
O luns 21 será o momento para a degustación e maridaxe de produtos da Costa da Morte. María Josefa Insua e Francisco Insua, do Restaurante O Fragón de Fisterra, serán os cociñeiros dunha demostración na que se prepararán percebes, longueirón e paté de longueirón ou embutidos artesáns.
Novas relacionadas
- A Costa sabe degustar o seu mar.
- As cocochas de bacallau e berberechos do corcubionés Rafa Fuentes foron as vencedoras do concurso Cómete o mar.
- A Costa da Morte exhíbese no Forum Gastronómico de Comppostela.
- Lira abandeira a presencia galega na Feira de Turín, a máis importante da Slow Food .
- Presentación do Convivium Galicia da Slow Food: A Costa comeza a “xantar de vagar”.
Máis novas
- APTCM busca unha rede de contactos estables para comercializar a Costa como destino turístico.
- Xornalistas especializados de toda a península coñecen os tesouros da Costa.
- Cataluña si quere saborear Muxía.
- Fitur volve coñecer varias Costas da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC.