Venres. 29.03.2024
El tiempo

APTCM busca unha rede de contactos estables para comercializar a Costa como destino turístico

APTCM busca unha rede de contactos estables para comercializar a Costa como destino turístico
Unha vez rematado o gran de traballo de achegar xornalistas especializados en viaxes e gastronomía á Costa da Morte, no marco da Fam Press, a APTCM segue buscando novas vías de comercialización da nosa bisbarra como destino turístico. E non para a APTCM. De feito, a súa xerente Anabel Piñeiro, xa están en marcha dende hoxe mesmo para visitar novos destinos emisores:
  • Navatur – Navarra (18-20 febreiro).
  • Forum Gastonómico de Girona (20-23 de febreiro)
  • Alicante (Backstage do Camiño) (1 de marzo)
  • Murcia (Backstage do Camiño) (3 de marzo)

Crear unha rede de contactos

O traballo da APTCM non se centrará soamente na presenza en feira senón que se aproveitarán as mesmas para visitar máis de 40 axencias de turismo coas que xa se contactou previamente. O obxectivo é crear unha rede de contactos para despois establecer unha relación mais directa á hora de presentar os seus produtos. De feito, grazas a cinco establecementos colaboradores, Hotel Rústico Insula Finisterrae, Hotel Monteblanco, Hotel Insua, Hotel Rústico A Torre de Laxe e Casa de Trillo, en cada feira terá lugar o sorteo dunha fin de semana para dúas persoas na Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios