O Entroido de Fisterra volve ao sábado e ao pavillón
Xa temos cartel do Entroido máis tradicional da Costa da Morte. O entroido máis retranqueiro, máis compleiro, no que as comparsas teñen vida propia e nos permiten disfrutar de espectáculos multidisciplinares propios da Gran Vía.
Este ano o Concurso de Comparsas máis famoso da comarca volve celebrarse en sábado, e volve ao pavillón, despois de que o ano pasado se celebrase nunha carpa na Ribeira polas obras do pavillón. Será o sábado 10 de febreiro, con previo desfile ás 17:00h e posterior Concurso ás 18:00h no renovado polideportivo.
Por agora xa son 4 as comparsas inscritas.
Os premios son dos mellores da comarca: 1.700€ máis trofeo ao primeiro clasificado, 1.400€ máis trofeo ao segundo e 1.200€ máis trofeo ao terceiro. Ademais, o resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 350€, polo que dende o Concello invitan a participar a comparsas de toda a comarca, qeu se ponde inscribir antes do 1 de febreiro no Concello ou a través da Sede Electrónica.
Concurso de disfraces
O Concurso de disfraces infantil e de adultos queda facer festa o martes 13 de febreiro, ás 17:00 horas, na praza da Constitución de Fisterra. As inscricións serán o mesmo día na praza da Constitución, media hora antes do concurso, ou no correo [email protected], de luns a venres, de 9:00 a 14:00h antes do 12 de febreiro.
Ademais, haberá animación musical todos os días, espectáculos para todas as familias, Concurso "Entroido de Contos" organizado pola Biblioteca municipal A Casa do Arco, desfile dos centros educativos, obradoiros de entroido, entre outras máis cousas…
Máis novas do Entroido
CRÓNICAS DO ENTROIDO FISTERRÁN
- Entroido Fisterra 2023: Fisterra recuperou a súa retranca.
- Entroido Fisterra 2022: Voltou o Entroido a Fisterra. Voltou a Festa.
- Entroido Fisterra 2020: Eló non vale un mundo o Entroido de Fisterra?!.
- Entroido Fisterra 2019: O Entroido de Fisterra, entre a tradición, a innovación e a retranca.
- Entroido Fisterra 2018: O Entroido de Fisterra, máis sagrado que a Resurrección.
- Entroido Fisterra 2017: As comparsas agudizan a crítica en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2016: O gran Entroido “peatonal” de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2015: A retranca, polas veas de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2013: A copla sobrevive no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.