Venres. 26.04.2024
El tiempo

#FalemosdoReinodeGalicia, a nova webserie que analiza as etapas do medievo galego

Lixo en Fisterra
Lixó na fin da terra nun fotograma da serie
#FalemosdoReinodeGalicia, a nova webserie que analiza as etapas do medievo galego

Este xoves 10 de novembro estrearanse os dous primeiros capítulos da nova webserie "Falemos do Reino de Galicia". Unha serie documental que afonda sobre as diferentes etapas do medievo en Galicia, achegándonos á historia dun xeito ameno e divertido.

Para conseguilo é o reibeirán Carlos Lixó, Doutor en Historia e mestre no ensino obrigatorio, o que nos leva nunha de viaxe pola Galicia actual, preguntándose se “Existíu o Reino de Galicia?” ou "Seguimos a ter algo de suevos?”, os títulos dos primeiros capítulos.

Non faltan Fisterra e Muxía neste percorrido pola nosa historia, na que se fala con diferentes historiadores e divulgadores referentes na materia: Xosé Miguel Andrade, Mariña Bermúdez, Manuel Gago, Anselmo López Carreira, Carlos Barros e Miguel García: serán os encargados de axudar a poñer en contexto cada unhas das reflexión do protagonista.

Os seguintes episodios emitiranse cada dia na canle de Youtube (falemosdoreinodegalicia) baixo o cancelo #FalemosdoReinodeGalicia. O proxecto está producido pola cooperativa audiovisual Suseia.

Comentarios