Martes. 13.04.2021
El tiempo

Unha ferida tras un novo accidente na recta da Anchoa

Unha ferida tras un novo accidente na recta da Anchoa

Accidente na recta da Anchoa-Fisterra

Esta pasada tarde de sábado, a recta da Anchoa de Fisterra rexistraba un novo accidente. Pasaban das 17:30h, cando dous vehículos, un Citroen Xsara e un Renault Modus, colisionaban, provocando ademais que un quedara botado enriba dunha embarcación situada na beirarrúa.

Policía Local, Protección Civil e a ambulancia chegaron de contado. Unha condutora tivo que ser axudada a saír do vehículo, pois se ben non estaba atrapada, si que precisou axuda, e se queixaba dunha forte dor no pescozo e na cabeza.

O conductor do outro vehículo saiu polo seu pé, e non tivo que ser trasladado ao Hospital.

comentarios