Venres. 03.05.2024
El tiempo

A fibra óptica de 1GB chega á fin da terra

Rede Aberta en Fisterra
Acto de Rede Aberta en Fisterra
A fibra óptica de 1GB chega á fin da terra

Esta mañá tivo lugar no Faro Fisterra a presentación do proxecto “Conectado ao fin do mundo” que simboliza a chegada ao faro de Fisterra da fibra óptica de 1 Gbps. Un fito de achegar unha rede de calidade e velocidade ao rural galego coa intención de frear o despoboamento. "É posible chegar ao Finis Terrae coa fibra óptica, unha infraestrutura de comunicación imprescindible na era da dixitalización e que, ata hai pouco, se pensaba só para grandes cidades e contornos urbanos", destacou Pere Antentas, conselleiro delegado de Rede Aberta.

A empresa galega (propiedade do Fondo de investimento luxemburgués Connecting Europe Broadband Fund (CEBF) é a adxudicataria do Plan UNICO do Ministerio de Asuntos Económicos e Transición Dixital na provincia da Coruña, que conta cun orzamento de 24 millóns de euros, e xa ten executado un terzo das 36.550 unidades previstas, o que lle permite “ter confianza” en chegar ao 100% antes de que remate 2024. A dia de hoxe a empresa asegura que no país hai 200.000 vivendas e comercios do rural con fibra óptica ultrarrápida, tras desplegar 4 millóns de metros de cable de fibra.

"O compromiso do Goberno é que en 2023 o 95% da poboación galega teña acceso a internet de alta velocidade e que en  2025 a cobertura chegue ao 100 por cen do territorio", asegurou a sobdelegada do goberno María Rivas. 

50G-PON

A empresa continuará cos seus “esforzos” por poñer a tecnoloxía máis avanzada ao servizo das empresas de Galicia e, especialmente, das que se sitúan no rural. “Podemos anunciar que chegamos a un acordo de colaboración con Huawei, un dos nosos provedores de tecnoloxía, para lanzar un proxecto piloto para desenvolver a nova tecnoloxía 50G-PON, o que supón multiplicar por 50 a velocidade dun 1 Gbps que se ofrece hoxe en día. ", explicou.

Comentarios