Fisterra adhírese ao protocolo VIOGEN de protección das vítimas de violencia de xénero
Recibía o alcalde de Fisterra, José Marcote, á subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas; e ao Tenente Coronel Xefe en funcións da Comandancia da Garda Civil
da Coruña, Fernando Pedreira, para asinar esta mañá, na Xunta Local de Seguridade, o protocolo de adhesión ao sistema de protección Viogen de mulleres vítimas de violencia de xénero.
Con Fisterra xa son 19 os concellos da provincia de A Coruña que se incorporan ao sistema Viogen, como Vimianzo ou A Laracha.
O sistema Viogén permite que a Policía Local teña máis información sobre todos os casos activos de violencia machista no concello. Deste xeito, os propios axentes locais comezan a asumir o seguemento e control dalgúns destes casos, en xeral aqueles que se consideran de baixo nivel de risco ou non apreciados.
Nos casos de maior risco, é a Garda Civil a que se encarga do seguimento