![Presentacion do Fisterra Blues Experience 2018]()
Presentacion do Fisterra Blues Experience no Castelo de San Carlos
Volverá sentirse o blues por toda Fisterra, coa volta do
Fisterra Blues Experience os días 15, 16 e 17 de xuño. Unha cita internacional, máis galega e femenina que nunca, na que
a natureza, o patrimonio e a gastronomía se funde ca música de raíces. Este ano volverá haber obradoiros,
cruceiros de blues, e
jam sessions por toda a vila, achegando á fin da terra novos estilos emparentados co blues, como o swing, o soul ou o rhythm and blues (R&B).
Esta edición foi presentada esta mañá de martes no Museo de San Carlos de Fisterra, coa presenza de Javier Turnes, director artístico do festival; Fernando Amado, representante de Mahou, compañía patrocinadora; Kuka Sar, tenente de alcalde de Fisterra; José Marcote, alcalde de Fisterra; e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/FisterraBlues/videos/851363331728226/?t=11" width="800" height="400" onlyvideo="1"]
Corey Harris e Chris Kramer, cabezas de cartel
![corey harris en Fisterra]()
Unha das presenzas máis destacadas é a de
Corey Harris, o guitarrista de Denver que está considerado como
un dos bluesman máis influíntes da actualidade. Harris, que tamén é antropólogo, recuperou o blues do Delta e en colaborado con Wilco, Billy Bragg, B.B. King, Tracy Chapman e Woodie Guthrie, entre outros, e protagonizou un episodio dirixido por Martin Scorsese da miniserie documental “The Blues”.
O blues europeo está tamén ben representado por
Chris Kramer, un harmonicista alemán que incorpora o beatbox á súa aposta en formato trío.
E a escena madrileña volve ter unha forte presenza: desde Edu BigHands, que se presenta en dúo co pianista vasco Paul San Martín; ata a Seydel Harp Attack; pasando por The Trashtoes e a
Fisterra House Band, a banda residente do festival. Pola banda catalana chegan Wax & Boogie, que mesturan blues, R&B e boogie woogie.
Ademais entre as 10 bandas presentes estarán os grupos galegos como
The Lákazans, que veñen de presentar o seu terceiro disco, ‘Sandwina’, Carla Green & The Demons, e Os Bregadiers, unha banda de rúa que tira de recursos do swing e do soul.
Outras actividades
Alén dos concertos, tamén haberá jam sessions por toda a vila, obradoiros para toda a familia (un programa didáctico para nenos e nenas e outro de baile), ademais de viaxes en barco con música blues en directo e unha mesa redonda arredor da historia do blues.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/fisterra-subiuse-a-bordo-do-blues/
Máis información
Novas relacionadas
Fonte