xoves. 01.05.2025
El tiempo

Fisterra dille non ao circo con animais

Fisterra dille non ao circo con animais
fisterra circo animais Imaxe da campaña feita pola asociación Animalista Libera en Change.org Fisterra tamén lle di non aos circos con animais. Así, no pleno celebrado o pasado luns, aprobouse unha moción do BNG - cos votos a favor do PSdeG e Coalición Galega - contra o uso e abuso de animais en circos. Pola súa banda, representantes do PP abstivéronse na votación. Son tres xa os municipios da bisbarra - Carballo, Coristanco e Fisterra - os que rexeitan o uso de animais en circos sumándose así á lista dos 53 concellos galegos que denuncian esta práctica. Outras mocións No último pleno do concello de Fisterra, tamén se aprobou unha moción do goberno para facer cumplir a lei da memoria histórica e retirar o nome dun falaxista dunha das rúas de Fisterra. O seguinte paso é abrir un proceso de consulta popular para que o cambio de nome se faga efectivo na seguinte sesión plenaria. Tamén haberá cambios nominativos na rúa M. Lago Pais unha vez que rematen as obras de mellora. Por outra parte, durante o pleno aprobouse firmar un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico co fin de que se poida tramitar dende o concello o cambio de dirección do carné de conducir e evitar así que se teñan que trasladar á calquera das cidades galegas. Outro dos puntos aprobados por unanimidade no pleno do luns foi establecer unha taxa reguladora para as visitas a museoe a aprobación do consello regulador de turismo. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios