Luns. 25.05.2020
El tiempo

Fisterra doa comarea

Fisterra doa comarea
Campana de Doazon Fisterra Doa como Area

Fantásticas as campañas a prol da doazón de sangue que levan facendo nos últimos anos os alumnos do IES Fin do Camiño. Cada ano os resultados son mellores facendo da doazón unha norma habitual para os veciños da vila do Cristo.

Este ano a campaña que aproveitaba a chegada da Unidade Móbil do Centro de Tranfusión de sangue de Galicia ao porto fisterrán, levaba o nome de #FISTERRADOA COMAREA. E abofé que o poden dicir orgullosos despois de ver os datos oficiais: 55 doazóns (6 máis que o ano pasado). 9 novos doantes en Fisterra (1 máis que o ano pasado) e 66 persoas achegáronse a unidade mobil para doar (3 máis que o ano pasado), das que 11 non puideron facelo por diferentes motivos (ter tomado medicamentos nas últimas semanas, tatuaxes nos últimos 6 meses, peso mínimo…).

Un xeito de salvar vidas de xeito cotián.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios