![Os usuarios da Aula CeMIT de Fisterra partipan na creación do Catálogo de Paisaxes de Galicia]()
Os usuarios da Aula CeMIT de Fisterra partipan na creación do Catálogo de Paisaxes de Galicia
Despois da interesante proposta da Xunta para crear o
Catálogo de Paisaxes de Galicia a través dos cidadáns e
da que foi partícipe o equipo de QPC, os usuarios e usuarias da
aula CeMIT de Fisterra fixeron a súa propia achega destacando varios lugares de interese do municipio fisterrán.
En total indicaron máis de
30 puntos de interese entre os que figuran a Cama de Pedra (San Guillermo), as Pedras Santas, a Cova do Encanto ou mesmo o embarrancamento do Casón, entre outros. Nesta actividade partipan dez persoas que son usuarias habituais da aula CeMIT e que fixeron o traballo grazas á sabiduría popular e realizando unha selección dos lugares que lles resultan máis interesantes.
Deste xeito, este traballo serviu para dar a coñecer a xeografía de Fisterra e para achegar os participantes ao manexo das novas tecnoloxías.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
Redacción QPC (in@quepasanacosta.gal)
Aula CeMIT Fisterra