Fisterra faise a man

11:09 20/04/11

Horarios e participantes
Así, as demostracións en vivo serán unha constante ao longo da ponte. Sendo o horario de traballo será de 12:00h a 20:00h. " participarán entre otr@s:- SOLE MÉNDEZ (Extremadura-Fisterra): polifacética artesá sacará a rede para tecer o noso futuro.
- LUISIÑO (Narón): o mestre tecelán autodidacta e máxico no seu traballo.
- LAURA de "Taller Arroás" (Cee) unha maga das agullas, moradora do Faro dende fai algúns anos e traballadora do coiro e as cunchas.
- MONCHO IBAÑEZ (Alicante): móstranos o seu empeño en seguir co rumbo axeitado.
- DAGGO ART (Madrid-Fisterra) un home que define a sua pintura pouco convencional coma "Pintura Anartista".
- CRISTINNE (Alemaña-Fisterra) amósanos o que sinte cando recolle un trozo do camiño e invítanos a levalo para casa.
- PALILLEIRAS DE MORAIME (Muxía) unha tradición milenaria que vai cos tempos e non esqueceremos nunca.
- LYDIA (Fisterra): invitanos a sentir coma recupera unha técnica que xa se utilizaba nos grabados do século XVI.
- LOLITIÑA (Fisterra): fainos unha demostración de que a artesanía reinventase día a día e ten resultados máxicos. Que llo digan aos presajeiros do Entroido...
- PILAR SILVA (Compostel): muller divertida que achega o fin da terra o mellor do seu traballo coma orfebre de materiais novos coma o fimo.
- MARA REY BENLLOCH (Muxía): traerá imaxinación en forma de comic e algunha sorpresa.
- A MOURA (Fisterra): colorido e formas nos tocados máis divertidos.
- MARTA XOUBANOVA (Corcubión): alegría e frescura nun tempo de reutilización.
- D. GIOVANNI (Alemaña-Fisterra): recunchos con cunchas do camiño da vida.
- ORLANDO MOURE (Fisterra): polifacético home con máns incansables que pon un PÉ no fin do mundo e aljunhas maquetas e prototipos.
Presentación
Hoxe o mércores 20 a partir das 18:00h terá lugar unha presentación sinxela con obradoiro no local da Asociación Crus de Baixar (ACM) sito no antigo "Comic".Novas relacionadas
- A artesanía costeira amosou o seu potencial en Corcubión.
- A profesión de redeira ten futuro.
- Artellando unha homenaxe aos Voluntarios do Prestige que cambiaron a Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).