sábado. 10.05.2025
El tiempo

Fisterra libérase do contedor da Mixirica

Fisterra libérase do contedor da Mixirica
Non foi doado a extracción do contedor da rúa Mixirica de Fisterra-Foto-Darío Gómez Non foi doado a extracción do contedor da rúa Mixirica de Fisterra-Foto-Darío Gómez

6 anos levaba este contedor na rúa Mixirixa de Fisterra. Despois de moitas promesas, denuncias e intentos errados, un camión esta mañá de luns 4 de xaneiro deixaba libre a rúa da vila do Cristo.

A historia, desas para recordar, vén de lonxe, cunha disputa eterna entre Concello e o propietario do contedor, que considera que a rúa é da súa titularidade. O goberno anterior xa conseguira unha sentenza firme e o novo grupo de goberno foi o encargado de contratar a maquinaria para levar a cabo o "desaloxo".

Unha operación non exenta de complicacións dado o tamaño do contedor, pero que se realizou sen incidentes, a pesar de estar presente o dono. A Policía Local e unha patrulla da Garda Civil ca sentenza escoltaron o camión, que levou o contedor á Cámara Agraria, en Hermedesuxo.

Deste xeito poderase levar adiante a reforma da rúa a través dos fondos da Deputación.

A Rua Mixirica queda libre para a reforma-foto-Dario Gomez A Rúa Mixirica queda libre para a reforma-Foto-Darío Gómez

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios